Novidades e novos títulos

Xa están dispoñibles os novos exemplares das lecturas obrigatorias que mercamos para @s nos@s lector@s. Moitos viñestes a preguntar estes días cando chegarían; pois aquí están.

Tamén aproveitamos para lembrarvos que podedes reservar libros cuxos exemplares están todos emprestados. Non tedes máis que solicitarlle ao profe de garda que vos anote na lista de espera.

E lembrade renovar os títulos que sacastes e aínda non rematastes con el; porque este ano hai sanción.

Advertisements

Novidades club de lectura A Caramiña

Como en anos precedentes, o club de lectura A Caramiña que reúne ao o alumnado do noso centro xa está a dar un seus primeiros pasos. Desta volta, por primeira vez na súa breve historia, hai club de lectura en Bacharelato e xa teñen escolleita a primeira lectura. Se queres saber máis, convidámoste a visitar o seu blogue premendo aquí.

Club de lectura (reunión informativa)

Como xa ven sendo tradición, co inicio do curso volvemos xuntarnos ao redor dos libros, partillar opinións e debater pareceres. Se xa estiveches en cursos anteriores e queres repetir ou se queres probar a experiencia, animámoste a asistir á reunión informativa sobre como se vai desenvolver o club de lectura este ano.

A cita é: no segundo recreo do mércores 9 de outubro na biblioteca.