Concurso de relatos Samaín 2013

Samain_2013_concurso_cartelUn ano máis, como xa é tradición no IES, o EDLG vén de convocar o X concurso de relatos breve. As bases podédelas consultar no blogue do Equipo de Dinamización de Lingua Galega, http://atabarradixital.blogaliza.org/, e na propia biblioteca do IES.

Podedes deixar as vosas composicións na biblioteca, onde haberá unha caixa destinada a tal fin.

IX Concurso de relato de medo

Xa podes estarrecernos cun relato baseado nunha imaxe (coma estas propostas polo alumnado de 2º de ESO). Máis na Tabarra.

CONCURSO LIBROS DE PELÍCULA

Bases do concurso:

  • A participación será por parellas.
  • O concurso desenvolverase ao longo de dúas semanas, a semana cultural ( 11-15 abril) e a anterior
  • As pistas irán aparecendo no blogue da biblioteca: bibiespobra.wordpress.com
  • Deberedes  identificar os seguintes datos:
    1. Título da película ou películas.
    2. Título e autor(-es) do libro (ou libros) no(-s) que está baseada,
    3. Banda sonora (no seu caso)
  • Prazo de presentación das respostas: ata o xoves 14 de abril ás 11.00 h.
  • En caso de que máis dun concursante acerte os tres datos dos tres días, organizaremos unha proba de desempate na biblioteca o venres 15 de abril.
  • O xurado estará composto por profesores do equipo de BIBLIOTECA
  • O fallo será o día 15 de abril
  • O premio:

Cada membro da parella gañadora rebibirá uns cascos para escoitar música

Os demáis finalistas (no caso de empate), recibirán un vale de cafetería (5,00 €)

  • A entrega de premios será o día 15 de abril