Concurso de relatos Samaín 2013

Samain_2013_concurso_cartelUn ano máis, como xa é tradición no IES, o EDLG vén de convocar o X concurso de relatos breve. As bases podédelas consultar no blogue do Equipo de Dinamización de Lingua Galega, http://atabarradixital.blogaliza.org/, e na propia biblioteca do IES.

Podedes deixar as vosas composicións na biblioteca, onde haberá unha caixa destinada a tal fin.

Club de lectura (reunión informativa)

Como xa ven sendo tradición, co inicio do curso volvemos xuntarnos ao redor dos libros, partillar opinións e debater pareceres. Se xa estiveches en cursos anteriores e queres repetir ou se queres probar a experiencia, animámoste a asistir á reunión informativa sobre como se vai desenvolver o club de lectura este ano.

A cita é: no segundo recreo do mércores 9 de outubro na biblioteca.

Recursos de Barbantia

A asociación cultural Barbantia recolle no seu espazo na rede catálogos, publicacións e novas que paga a pena explorar. É o caso do dicionario de escritores da comarca ou de textos en pdf como Voces na guerra.

A próxima actividade no seu labor de difusión da literatura é a presentación do número 77 do suplemento cultural A Voz de Barbantia e mais da obra Trampa de luz, de Agustín Agra, nun acto que terá lugar o venres 28 de setembro, ás 20:30 horas, en Noia, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos.

CONCURSO DE REPORTEIROS


Bases do concurso:

1.     O tema versará entorno ao mexillón.

2.     Os traballos serán individuais ou en grupos de dúas persoas.

3.     Formato: vídeo.

4.     Duración da reportaxe: entre 30 segundos e 2 minutos.

5.     As reportaxes deberán ter un título, e presentar ao final os nomes das persoas que aparecen no vídeo e/ou colaboraron na súa elaboración.

6.     Lugar de presentación: deberedes enviar as vosas reportaxes ao correo da biblioteca do centro: bibiespobra@gmail.com, indicando o título da reportaxe e o nome ou nomes dos que a presentades.

7.     Prazo de presentación: ata o 8 de abril

8.     O xurado estará composto por profesores do grupo COMENIUS e do equipo de BIBLIOTECA

9.     O fallo será o día 14 de abril

10.  O premios:

1º PREMIO: 40.00 € para gastar na cafetería do IES, ou en material deportivo, o en librarías de Pobra

2º PREMIO: 25.00 € para gastar na cafetería do IES, ou en material deportivo, o en librarías de Pobra

11.    A entrega de premios será o día 15 de abril

DIRECTORIO DE ONGs

“ A Cultura da Paz debe entenderse nun sentido amplo, como educación para a paz, para os dereitos humanos e para a democracia, para a emancipación social e o coñecemento, para a autodeterminación dos pobos e a xustiza ambiental. A cultura da paz busca da superación definitiva da pobreza e da fame, da exclusión social e das desigualdades, a defensa inequívoca do diálogo intercultural e das culturas e linguas minorizadas, así como a prevención dos conflitos e a consolidación da paz”. Foro Mundial de Educación, Compostela 2010.

Presentámosche unha pequena mostra de ONG, asociacións… que  tomando como  eixe transversal a Cultura da Paz, actúan na procura  doutro mundo posible, ou de moitos outros mundos posibles.

(Esta guía de ONG  está elaborada con información das propias ONG )

PASTILLAS CONTRA A DOR ALLEA